Neve / Brenda Mondelo
por Mondelo, Brenda [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón Sala préstamo | 82-1G MON nev | Dispoñible | CEH004000016201 |
|
|
| Prestable | CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón Sala préstamo | 82-1G MON nev | Dispoñible | CEH004000016202 |
|
O luns tres de abril de 1917 chegaba á Estación de Finlandia –na actual San Petesburgo– o “tren que cambiou o mundo”, como se denominaría logo. Nel regresaban do exilio Vladimir Ilich Uliánov, máis coñecido como Lenin, e Nadezhda Krúpskaya, a súa compañeira, impulsora do sistema pedagóxico soviético e dunha decisiva rede de bibliotecas. A partir da figura desta muller –con frecuencia esquecida á sombra de Lenin– Brenda Mondelo reconstrúe aquela viaxe. Faino alancando por riba da crónica histórica nun proxecto literario orixinal e inédito que se nutre de continuos saltos temporais e xeográficos. A autora non só lle rende homenaxe a Krúpskaya –unha personalidade política e humana pola que sinte grande admiración– senón tamén ás xentes do seu Ancares natal, ao seu avó –que cunpriu cen anos o día no que acabou o poemario– ou a todas as persoas que desde nena a fixeron ter conciencia de clase. Estamos ante libro de poderosas emocións que ten por tras do espello, nos ollos, un prado nevado.