A man dos paíños / Manuel Rivas
por Rivas, Manuel; Rivas, Manuel [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa (Xerais) ;163.Editor: Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2000 Edición: 1ª ed.Descrición: 143 p :il ;22cm.ISBN: 8483025914.Materia(s): Conto | Literatura | GalegoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos pahíños.Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción ("A man dos paíños"), un relato fotográfico ("O álbum furtivo"), e un relato xornalístico ("Os náufragos"). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón Sala préstamo | 82-3G RIV man | 1 | Dispoñible | Adultos | CEH004000002696 |
|
Indice
Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos pahíños.Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción ("A man dos paíños"), un relato fotográfico ("O álbum furtivo"), e un relato xornalístico ("Os náufragos"). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.
1º-2º BAC